domingo, 26 de enero de 2020

CD DEZ PORTAS BAR KARLOS, CHEGOU A PRIMEIRA DERROTA.

O Dez Portas Bar Karlos, sumou esta fin de semana, a súa primeria derrota no que vai de competición na Segunda División Nacional de Tenis de Mesa, ao caer por 3-4, fronte a o terceiro clasificado, o Vilagarcía TM. Unha derrota que era previsible que se producira nalgún momento da temporada, pero que quizáis chega no peor momento, xa que agora, só aventaxa en dúas victorias ao Vilagarcía TM que é o terceiro clasificado, e nunha ao CTM Milagrosa, que ocupa a segunda posición e ao que se enfrontará dentro de 15 días, nun derbi local que promete ser apaixoante e pode ser que definitivo. Aínda así, o Dez Portas permanecerá, polo menos, unha semana máis, no máis alto da clasificación e depende de si mesmo. Nesta xornada o equipo DezPortista formou con Ramón Becerra, Morufu Ahmed e Andrés Martín. Na terceira división Nacional, tampouco chegaron boas novas, xa que o Dez Portas Mascovet, perdía na casa por un contundente 0-4 fronte o Arteal ventanas. O equipo local formárono, nesta ocasión, Álvaro Sánchez, Xabi Carricoba e Marcos Fraga. A única nota positiva, púxoa este mismo equipo, o Dez Portas Mascovet, que nesta fin de semana tivo que doblar o seu esforzo, para enfrontarse ao Club del Mar, no duelo aplazado polo temporal da xornada 11. Nesta ocasión, Álvaro Sánchez, Xabi Carricoba e Adrián Expósito, conseguiron deixar a victoria na casa por un 4-1. O Dez Portas Caixa Rural, que saiu na mañá do domingo á pista con Adolfo Delmo, Bonifacio García e Jacobo Díaz, perdeu tamén con claridade ante un dos líderes da clasificación de primeria división galega, o San Xoan TM, puidendo só Adolfo sumar un punto da honra para o seu equipo, e deixando marchar a victoria por un marcador final de 1-6. Por último, o Dez Portas Higiene a Miña de Segunda división Galega, sumou a derradeira derrota da xornada, para selar unha fin de semana negra para os equipos do Dez Portas, ao caer fronte o Autocares Varela por un marcador de 0-7. Jorge Mosquera, Luis Lombo e Pedro López puxerono todo na pista, pero finalmente o partido caeu do lado visitante. Aínda así o ánimo nunca decae, e todos os xogadores e xogadoras do Dez Portas afrontan unha nova semana de adestramentos, coa ilusión de que a seguinte xornada, haxa un pleno de victorias DezPortistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario