domingo, 29 de noviembre de 2020

DESPRAZAMENTO COMPLICADO A NARÓN PARA O DEZ PORTAS

Foi esta unha fin de semana complicada para os equipos do Dez Portas, que disputaban todos os seus partidos, contra diferentes equipos de terras naronesas. O sábado, comezaban os enfrontamentos en primeira galega, onde o Dez Portas Higiene a Miña, xogaba o primeiro encontro contra Autocares Varela e logo con Pena Lopesa. O Primeiro resolveuse cedo, cun claro marcador final de 4-0 para o equipo local. Manuel, Moncho e Boni, non puideron co xove e prometedor equipo naronés. Aínda así, repuxéronse da derrota os nosos xogadores, para no seguinte encontro lograr o empate 3-3 ante Pena Lopesa, e deste xeito, poder traer un punto para Lugo. Foi a nota positiva da xornada, xa que o domingo o Dez Portas Caixa Rural de Terceira Nacional, desprazábase tamén a Narón para plantar cara a outros dous dos equipos de Narón. O primeiro resolveuse por un 4-1 final para os naroneses. O partido foi máis igualado do que di o marcador final, pero aínda así, non se puido facer nada para que Hugo, Álvaro e Jose Luis, sacasen algo positivo deste encontro. No seguinte, a sorte foi a mesma e o Nautalia viajes conseguía o mesmo marcador para o equipo local, polo que desta vez, o equipo DezPortista volveu de vacío, perdendo así a súa imbatibilidade na categoría e coloca na clasificación, as súas dúas primeiras derrotas no que vai de liga. Ámbolos dous equipos, continúan instalados na metade da táboa unha semana máis.

domingo, 22 de noviembre de 2020

4 PUNTOS PARA O DEZ PORTAS CAIXA RURAL, NO DOBRE DESPRAZAMENTO DA XORNADA

Arrancaba a xornada cun dobre desprazamento para os rapaces de Terceira Nacional. Na xornada da mañá do sábado, disputábase en terras Herculinas o partido aprazado correspondente á terceira xornada, no que Álvaro, Hugo e Jose Luis, conseguían a victoria por un marcador final de 2-4 ante os xogadores do Carrasco-García Clínica Dental. Dirixíanse logo a Ferrolterra, para disputar o encontro correspondente a xornada actual. Aquí, as cousas puxéronse maís complicadas desde o comezo, pero finalmente, foron capaces de lograr un empate final a 3-3, ante o San Xoan TM. Deste xeito mantéñense, una semana máis nos postos altos da clasificación. Non correu a mesma sorte o Dez Portas Higiene A Miña da Primeira División Galega, que na mañá do domingo perdía con claridade, por un marcador de 0-4, ante o Central Asesora Firacris Narón. Miguel, Jesús e Lucero, nada puideron facer ante o potente equipo Naronés. Porén, o equipo permanece na metade da táboa clasificatoria. Na vindeira xornada, ámbolos dous equipos desprazaranse a Narón, para xogar os seus respectivos encontros.

domingo, 15 de noviembre de 2020

XORNADA POSITIVA PARA OS EQUIPOS DO DEZ PORTAS

Nova Xornada de liga, e novos resultados positivos para os dous equipos do Cd Dez Portas. O Dez Portas Higiene a Miña, da 1ª división Galega, enfrontouse ao Cambre El Temple, ao que derrotou por un marcador final de 4-2. Samuel, e os debutantes nesta tempada, Lucero e Román, conseguían este valioso resultado, ante o equipo que ata o de hoxe figuraba como segundo clasificado da categoría. A xornada que ven, recibiremos a visita da Central Asesora Firacris Narón. Na Terceira Nacional, o Dez Portas Caixa Rural, acadou un empate tamén valioso por 3-3, resolto nun último emocionante e divertido partido. Álvaro, Hugo e Jose Luis, conseguiron o empate para o equipo local. A vindeira semana, visitarán ó Finisterre TM.

lunes, 9 de noviembre de 2020

O DEZ PORTAS HIGIENE A MIÑA CONSEGUE A 1ª VICTORIA EN 1ª GALEGA

O Dez Portas Higiene a Miña, acadou ante o Grumico esta fin de semana, a súa primeira victoria no que vai de competición. Non o puxeron fácil os da Cidade Herculina, pero Fabio, Miguel e Jesús, souberon xogar nun final apretado para deixar a victoria na casa, por un marcador final de 4-2. Pola súa banda, o Dez Portas Caixa Rural de Terceira división Nacional, foi quen de conseguir tamén a súa primeira victoria da tempada, que aínda que semellaba menos urxente ca dos seus compañeiros, xa que xa contaban cun empate no seu casilleiro, non deixa de ser importante. Nesta ocasión Jose Luis, Xabi e Álvaro, non tiveron piedade do rapaces de Oleiros aos que superaron con claridade por un marcador total de 4-0. Na vindeira xornada, recibirán novamente na casa ao CTM Coruña e na primeira galega o Dez Portas Higiene a Miña, a Cambre.