lunes, 24 de febrero de 2020

O DEZ PORTAS E O TDM VILALBA, FAI UN BO PAPEL NO TORNEO ESTATAL 2020, E VOLVE DE VALLADOLID COA CABEZA ALTA.

Este pasado fin de semana celebrouse en Valladolid o Torneo estatal 2020. Ata alí desprazáronse 3 dos 4 xogadores clasificados do Dez Portas, e unha xogadora do TDM Vilalba. Abriron o torneo Andrés Martín do Dez Portas e Sabela López do TDM Vilalba. Andrés quedou ás portas da clasificación. Xogou ben os seus partidos, levaba dous gañados e dous perdidos e todo se decidía no quinto partido, no que a victoria selaría a súa clasificación, pero non puido ser e caía finalmente, nun apretado e emocionante encontro, por un marcador final de 2-3, no que os nervos xogaron unha mala pasada. Sabela, comezou forte a súa participación desplegando un gran xogo no seu grupo, o que fixo que se conseguise clasificar como segunda, despois dun balance de partidos gañados de 4, mentres que só perdeu nun deles. Colocábase así entre as 24 mellores das rondas eliminatorias. Desgrazadamente, perdía en primeira ronda por un marcador final de 3-1, nun encontró no que os nervos, unha vez máis, pasaron factura. Álvaro Sánchez, tampouco conseguiu pasar do seu grupo, ao perder 4 dos 5 encontros que disputou no seu grupo, idéntico resultado que o seu compañeiro, Máximo Dugo. Aínda así, as sensacións para os dous, e maís para Sabela e Andrés, foron positivas, despregando un bo xogo, acumulando experiencia e caendo dun xeito máis que digno, xa que o feito de chegar ata aquí xa foi para todos eles e elas, un éxito. Ramón Becerra, que tamén debería estar presente neste torneo, ao ter selado o seu pase no Zonal de Lalín, non puido asistir por motivos laborales.

domingo, 16 de febrero de 2020

O DERBI LOCAL CAE DO LADO MILAGROSISTA E A LIGA SE COMPRIME. O DEZ PORTAS BAR KARLOS SEGUE LIDERANDO A CLASIFICACIÓN DA SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA.

O derbi local entre o Dez Portas Bar Karlos e o CTM Milagrosa, saldouse coa victoria do equipo milagrosista, o que fai que a liga volva a cobrar emoción nos seus primeiros postos e todo pode pasar nas últimas xornadas. Aínda así, parece que o Dez Portas ten un calendario máis favorable de aquí ao final de liga, e segue aventaxando nunha victoria ao Milagrosa e en dúas ao Vilagarcía TM, que aínda lles resta xogar un partido entre eles. Polo tanto, queda moito que xogar e todo está por decidirse. Alineou o Dez Portas Bar Karlos, na xornada 16, a Ramón Becerra, Morufu Ahmed e Pablo Fernández, que caían por un marcador final de 4-2. Na terceira división Nacional, tampouco foron ben as cousas e o equipo local, Dez Portas Mascovet, caía por un axustado 4-3, ante o Nautalia Viajes. Adrián Expósito, Xabi Carricoba e Jose Luis Méndez, xogaron polo equipo dezportista. O Dez Portas Caixa Rural, de primeira división Galega, perdía con claridade na mañá do domingo ante o Breogán Oleiros Seixo Branco. Bonifacio García, Jose Ramón García e Fabio Martínez, nada puideron facer contra os visitantes e pecharon a lista de derrotas da xornada dos equipos dezportistas cun contundente 0-7 en contra. A nota positiva da xornada, púxoa esta vez o Equipo de Segunda división galega, o Dez Portas Higiene a Miña, que nun partido crucial, conseguía a victoria por 4-3, ante o Breogán Oleiros Promesas. Os encargados da fazaña foron, Luis Lombo, Román Iglesias e Pedro López.

domingo, 9 de febrero de 2020

O CD DEZ PORTAS BAR KARLOS RECUPERA O CAMIÑO DA VICTORIA

O CD DEZ PORTAS BAR KARLOS, volveu a vencer na 15ª xornada da Segunda División Nacional Masculina, e recupera as dúas victorias de vantaxe ante os seus dous inmediatos perseguidores, o CTM Milagrosa, que esta semana cedía na súa visita ao Oroso TM Peluquería Tije, e o Vilagarcía TM. Así, o derbi local da semana seguinte entre DezPortistas e Milagrosistas, non sería definitivo en caso de caer derrotados, xa que aínda habería unha victoria de separación entre ambos, pero no caso de conseguir a victoria xa serían 3 partidos de distancia a falta de seis xornadas por disputar. A isto habería que agardar a derrota tamén do Vilagarcía TM, para que o camiño quedase bastante aclarado e conseguir proclamarse campións ao final da tempada. Nesta xornada o equipo local, que se enfrontou ao Galmédica Ourense, venceu por un marcador final de 5-1, gracias a aportación de Ramón Becerra, Morufu Ahmed e Pablo Fernández. Na terceira división Nacional Masculina, Adrián Expósito, Álvaro Sánchez e Samuel García, debutante na categoría, facían o propio e vencían por 1-4, na súa visita ao Zoolandia Conxo Ponte Ferro. Así, o Dez Portas Mascovet, colócase no medio da táboa clasificatoria e ocupa a sexta posición. Nas categorías galegas, chegaron as derrotas por parte dos equipos do Dez Portas. En primeria galega, o Dez Portas Caixa Rural, perdía por 5-2 na súa visita ao San Ciprián. Máximo Dugo, Fabio Martínez e Alejandro Ríos, non puideron traer a victoria para a cidade das murallas e deixan ao equipo colocado na séptima posición da clasificación. O Dez Portas Higiene a Miña, de segunda división galega, visitaba ao Cambre Ancéis na xornada do sábado e saltaba a cancha con Patricia Brea, Pedro López e Luis Pérez. A derrota foi polo mesmo marcador que os compañeiros de Primeira galega, e do mesmo xeito, o equipo colócase na séptima posición na liga.