domingo, 16 de febrero de 2020

O DERBI LOCAL CAE DO LADO MILAGROSISTA E A LIGA SE COMPRIME. O DEZ PORTAS BAR KARLOS SEGUE LIDERANDO A CLASIFICACIÓN DA SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA.

O derbi local entre o Dez Portas Bar Karlos e o CTM Milagrosa, saldouse coa victoria do equipo milagrosista, o que fai que a liga volva a cobrar emoción nos seus primeiros postos e todo pode pasar nas últimas xornadas. Aínda así, parece que o Dez Portas ten un calendario máis favorable de aquí ao final de liga, e segue aventaxando nunha victoria ao Milagrosa e en dúas ao Vilagarcía TM, que aínda lles resta xogar un partido entre eles. Polo tanto, queda moito que xogar e todo está por decidirse. Alineou o Dez Portas Bar Karlos, na xornada 16, a Ramón Becerra, Morufu Ahmed e Pablo Fernández, que caían por un marcador final de 4-2. Na terceira división Nacional, tampouco foron ben as cousas e o equipo local, Dez Portas Mascovet, caía por un axustado 4-3, ante o Nautalia Viajes. Adrián Expósito, Xabi Carricoba e Jose Luis Méndez, xogaron polo equipo dezportista. O Dez Portas Caixa Rural, de primeira división Galega, perdía con claridade na mañá do domingo ante o Breogán Oleiros Seixo Branco. Bonifacio García, Jose Ramón García e Fabio Martínez, nada puideron facer contra os visitantes e pecharon a lista de derrotas da xornada dos equipos dezportistas cun contundente 0-7 en contra. A nota positiva da xornada, púxoa esta vez o Equipo de Segunda división galega, o Dez Portas Higiene a Miña, que nun partido crucial, conseguía a victoria por 4-3, ante o Breogán Oleiros Promesas. Os encargados da fazaña foron, Luis Lombo, Román Iglesias e Pedro López.

No hay comentarios:

Publicar un comentario