lunes, 12 de abril de 2021

XORNADA LARGA NA PRIMEIRA DIVISIÓN MASCULINA

 

Esta fin de semana pasada, desprazábase a expedición de Primeira División Nacional, Dez Portas Bar Karlos, encabezada por Ramón Becerra, Morufu Ahmed, Andrés Martín e Pablo Fernández, ata Santa Cruz de La Palma, para xogar a xornada correspondente na illa.

Partían os noso xogadores o venres pola mañá cedo, e despois de facer escala en Madrid e máis en Tenerife, chegaba a Santa Cruz para instalarse no seu apartamento pasadas as 19:00.

Descansaron o que puideron durante o que restaba de xornada para ao día seguinte, enfrontarse aos dous equipos locais. A tarde comezaba mal, xa que o equipo dezportista caía por un claro 6-0. Aínda así, as sensacións non foron malas e encaraban esperanzados o segundo encontró. Despois dunha parada e unha longa reflexión, comezaba o segundo encontro, que aínda que dun xeito menos claro remataba tamén cunha derrota e deixaba ao noso equipo na última posición clasificatoria.

Despois do análise dos partidos e a pesar de volverse de vacío, no que ao aspecto deportivo se refire, non perdían a esperanza de cara o tramo final de liga, e no avión de volta na xornada do domingo, xa se viñan facendo contas do que é preciso sumar, para salvar a categoría, na última concentración  que se disputará o vindeiro 1 de Maio, en Vilagarcía de Arousa.

Deixamos aquí unhas fotos do paso dos nosos dezportistas polas Illas Canarias.

 








Na casa, non se interrompían as demais ligas e os dous equipos locais acadaban idénticos resultados.

Mentres na terceira nacional, Hugo, Jose Luis e Xabi pertencentes ao Dez Portas Caixa Rural acadaba un empate 3-3, ante Tijeritas la Pelu de Sixto de Narón, os seus compañeiros, Fabio, Samuel e Andrés, sumaban outro empate 3-3, antes o Narón Pena Lopesa.

 


 

lunes, 15 de marzo de 2021

 XORNADA REDONDA PARA OS EQUIPOS DO DEZ PORTAS

Nesta xornada, os dous equipos pertencentes a ligas galegas do Dez Portas, conseguiron sendas victorias, nos seus desprazamentos á cidade da Coruña.

O Dez Portas Higiene a Miña, de 1ª división Galega, acadaba unha victoria moi necesaria, ante o Grumico por un marcador final de 1-4. Samuel, Dambert, Lucero e unha vez máis Samuel, poñían os puntos necesarios no marcador, para que os puntos viaxasen ata Lugo.

Pola súa banda, o Dez Portas Caixa Rural, na 3ª Nacional, conseguía unha tamén importante victoria, ante o CTM Coruña, por un marcador final de 2-4. Nesta ocasión foron Álvaro, Jose Luis e Xabi, quen conseguiron a victoria ante o sempre incómodo equipo Herculino.






lunes, 8 de marzo de 2021

ARRANCA A PRIMEIRA DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA PARA O DEZ PORTAS BAR KARLOS.

Comezaba por fin esta fin de semana pasada, a competición para os equipos pertencentes a Primeira División Nacional Masculina, onde o Dez Portas, presenta ao seu recén ascendido Dez Portas Bar Karlos, defendido por Morufu Ahmed, Ramón Becerra, Pablo Fernández e Andrés Martín.

Coa novidade deste ano, de que a competición se resolva en formato de concentracións, na primeira delas, correspondíanos actuar como anfitrións. Nunha xornada maratoniana nas instalacións de Frigsa, o rapaces do Dez Portas, conseguían un bo resultado nos seus enfrontamentos cos equipos visitantes das Illas Canarias.

A concentración comezaba xa ás 10:00 da mañá, cando en sendos encontros producíanse os seguintes resultados:

A.D. VINCIOS/ROSQUILLAS CRISTALEIRO   4 - 2    T.M. DEFENSE LA PALMA

VILAGARCÍA TENIS DE MESA                         5 - 1     TENEGUIA FRUTAS OLIVAR

A partir das 15:00, era o turno dos nosos xogadores, que abrían a xornada co seu enfrontamento co T.M. Defense La Palma.

O encontro xa comezaba costa arriba, xa que de inicio, caía Ahmed por un claro 3-0, despois de non ser quen de afacerse co xogo do seu rival en ningún momento. Andrés Martín colocaba o empate no marcador, ao resolver o seu partido tamén por un claro marcador final de 3-0. Pero máis tarde, chegaban tres derrotas consecutivas por parte de Ramón, Andrés e Ahmed, que só lles quedaba a opción de maquillar o resultado, colocando Ramón o último punto do encontro e rematando este por un marcador final de 4-2 favorable para os Canarios.

Entrementres, a A.D Vincios, facíase coa súa segunda victoria da xornada, ao impoñerse cun claro 6-0 ao Teneguia Frutas Olivar. 


Respiraron e colleron folgos os nosos, para darlle a volta á tarde no segundo dos seus encontros. O rival nesta ocasión era o Teneguia Frutas Olivar.

Repetía Ahmed abrindo o partido, que non era quen de impoñerse ao seu rival e caía por un marcador final de 1-3. Aquí remataron as concesións dos DezPortistas, que non vovlerían a entregar un punto máis no que restaba de tarde. Impoñíase no segundo turno Pablo Fernández ao visitante Andrés Torres por un dominante 3-0 (11-2;11-2;11-2), o que lle daba ás aos seus compañeiros. En terceiro lugar, saltaba á pista Ramón, que se colocaba por diante por un parcial de 2-0. Aínda así, non se daba por vencido e conseguía manterse vivo no encontro o seu rival, e colocaba o empate 2-2. Nun emocionantísimo quinto xogo, situábase Ramón ao borde do abismo, cando perdía 7-10, pero 5 brillantes puntos consecutivos, permitían a Becerra acadar o segundo punto para o seu equipo. Conseguía Ahmed estrenarse na tarde e colocaba o 3-1 para os locais e máis tarde Ramón e Pablo encargábanse de darlle o finiquito o encontro con dúas grandes victorias.

Na outra mesa, tamén había victoria Galega, ao impoñerse Vilagarcía ao TM Defense La Palma.

Así quedou a clasificación logo de xogarse esta primeira concentración:

1A.D.VINCIOS/ROSQUILLAS CRISTALEIRO






2 VILAGARCIA TENIS DE MESA






3 CD DEZ PORTAS CAFÉ BAR KARLOS






4 T.M. DEFENSE-LA PALMA






5TENEGUIA FRUTAS OLIVAR                                                






O 20 de Marzo terá lugar a segunda concentración desta fase, viaxando o equipo a Gondomar para enfrontarse a Vilagarcía e Vincios respectivamente.



 

Nas Ligas Galegas, continuaba tamén a competición e o Dez Portas Caixa Rural de 3ª Nacional, gañaba os seus encontros en Oleiros, xa que disputaba dous encontros fronte aos dous equipos locais. Álvaro, Jose Luis e Hugo, colocaban idénticos resultados nos dous encontros e levaban para Lugo 2 valiosas victorias por 1-4, que os coloca nun privilexiado quinto posto da clasificación.

Pola súa parte, desprazábase a Vilalba o Dez Portas Higiene A Miña, onde Fabio, Samuel e Miguel, perdían o seu encontro ante os chairegos, por un marcador final de 4-2.














domingo, 13 de diciembre de 2020

IDÉNTICOS RESULTADOS DOS DOUS EQUIPOS DO DEZ PORTAS

 

Os dous equipos do Dez  Portas Tenis de mesa, que competiron na súas respectivas xornadas de liga, nesta fin de semana, acadaron idéntico resultado.

Abría a xornada o Dez Portas Caixa Rural de Terceira Galega, que se enfrontaba na xornada do sábado en Frigsa, ao Breogán Oleiros Kalamardos. Álvaro, Hugo e Jose Luis, conseguiron o seu cuarto empate do que vai de temporada, convertíndose así no equipo da categoría, que máis táboas firma nos seus encontros. Consegue deste xeito, una semana máis, manterse na metade da táboa.

O domingo, o Dez Portas Higiene A Miña, de primeira galega, desprazábase á Coruña, para disputar o seu encontró con CTM Coruña. Samuel, Fabio e Moncho, conseguiron o mesmo resultado que o acadado polos seus compañeiros da división superior e ao igual que os seus compañeiros, mantéñense una semana máis na metade da táboa.