martes, 17 de julio de 2018

IX Torneo San Froilán De Tenis de Mesa 11 de Agosto



Data e local de xogo:
O IX Torneo San Froilán de Tenis de Mesa terá lugar nas instalacións da “Casa do Deporte” que se encontra na Avenida Infanta Elena o día 11 de Agosto

Probas a disputar e horarios:
O torneo comezará as 9:00 de mañá e rematará cando se acaben todas as probas.

Sábado 11 de agosto as seguintes categorías:
  • Benxamín masculino e feminino. 2008 e posteriores.
  • Alevín masculino e feminino. 2006 e 2007.
  • Infantil masculino e feminino. 2004 e 2005.
  • Xuvenil masculino e feminino. Entre 2001 e 2003.
  • Sub-23 masculino e feminino. Entre 1996 e 2000.
  • Senior masculino e feminino. Entre 1980 e 1995.
  • Veteranos +40. Entre 1970 e 1979.
  • Veteranos +50. Entre 1960 e 1969.
  • Veteranos +60. Apartir de 1959
  • Veteranas. A partir de 1979

Inscricións:
A inscrición é de balde, debendo formalizarse antes do día 30 de xullo de 2018 ás 14:00 h. Os clubes afiliados á Federación Galega deberán empregar o novo sistema de inscripción publicado recentemente e que se detalla no seguinte enlace. Os restantes clubes españois e estranxeiros formalizarán a súa inscrición enviando un correo electrónico á dirección dezportas@hotmail.com. Ao non estar afiliados a FGTM, deberan facilitar nome e apelidos, data de nacemento, nº de licenza e club ó que pertencen. Non se permitirá a inscrición no mesmo día en máis dunha categoría. TODOS OS XOGADORES INSCRITOS, DEBERÁN ESTAR EN POSESIÓN DA CORRESPONDENTE LICENZA FEDERATIVA.

Sistema de competición:
En todas as categorías haberá dúas fases. Unha primeira clasificatoria por grupos, sempre que as inscricións o permitan, e unha segunda eliminatoria directa.

Arbitraxes:
Os partidos da 1ª Fase serán arbitrados polos propios xogadores/as. Na 2ª fase arbitrarán xogadores que foron quedando eliminados en quendas anteriores.

Trofeos:
Entregaranse trofeos os catro primeiros clasificados de cada proba


Descargar Bases