lunes, 26 de octubre de 2020

NOVA DERROTA DO DEZ PORTAS HIGIENE A MIÑA NA SEGUNDA XORNADA

O Dez Portas Higiene A Miña, volveu a ceder no seu partido correspondente a segunda xornada da Primeira División Galega, ante o TDM Vilalba. Nesta ocasión, a derrota chegou logo de que Máximo, Moncho e Samuel, só puidesen facer un punto no resultado global, caendo así por un marcador final de 1-4 ante os chairegos. O Dez Portas Caixa Rural da Terceira Galega, descansou nesta xornada.

domingo, 18 de octubre de 2020

CARA E CRUZ NA PRIMEIRA XORNADA

O CD DEZ PORTAS, resolveu os seus dous encontros desta xornada, con diferente sorte. O equipo de Terceira Nacional,o Dez Portas Caixa Rural, que debutaba nesta tempada con Álvaro, Jose Luis e Xabi, enfrontábase na xornada do sábado ao Afer Formación Rábade e conseguía acadar un valioso empate nesta cancha, por un marcador final de 3-3. Pola súa parte, o Dez Portas Higiene A Miña de Primeira Galega, perdía na matinal do domingo ante o Milagrosa Promesas, por un claro 4-0. O equipo dezportista estivo formado por Fabio, Samuel e Miguel.

miércoles, 14 de octubre de 2020

TEMPORADA 2020-21. COMEZAMOS!

O CD DEZ PORTAS TENIS DE MESA, volve a poñerse en marcha, e esta misma fin de semana, comeza a disputar os seus primeiros encontros pertencentes ás ligas galegas. O equipo de Primeira División Nacional, terá que agardar a súa quenda ata Xaneiro, como así se decidiu na Real Federación Española de Tenis de Mesa. Imos aló!