miércoles, 25 de septiembre de 2013

Exhibición del Club Dez Portas en el partido de 1ª División de la LNFS del Azkar


(Noticia y fotos fundacionazkar.org)

Este pasado sábado, previo ao partido de 1ª división da LNFS do Azkar Lugo FS, a Fundación Azkar, en colaboración co club de tenis de mesa Dez Portas, organizou unha actividade paralela que serviu de promoción deste club lucense e o deporte que desenvolve o mesmo. Así desde as 16:00 horas, xóvenes xogadores do Dez Portas e público que se animou a participar na actividade, puideron gozar sobre o propio parquet do Palacio Municipal deste deporte. Incluso os xogadores do primeiro equipo do Azkar, durante uns minutos, xogaron con todos eles.

Xa no descanso do partido, técnicos e xogadores do Dez Portas realizaron unha exhibición onde acabaron arrincando os aplausos do público que acudiu ao Palacio Municipal grazas a súa espectacularidade.

Deste xeito a Fundación Azkar levou a cabo a súa primeira actividade desta tempada ligada aos partidos do primeiro equipo do Azkar Lugo FS como local, tendo como obxectivo o organizar máis actividades durante todos os partidos de liga, nalgunhas ocasións uníndose como nesta primeira ocasión a diferentes clubes da cidade que realizan outras disciplinas deportivas.









No hay comentarios:

Publicar un comentario