ARRANCA A PRIMEIRA DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA PARA O DEZ PORTAS BAR KARLOS.
Comezaba por fin esta fin de semana pasada, a competición para os equipos pertencentes a Primeira División Nacional Masculina, onde o Dez Portas, presenta ao seu recén ascendido Dez Portas Bar Karlos, defendido por Morufu Ahmed, Ramón Becerra, Pablo Fernández e Andrés Martín.
Coa novidade deste ano, de que a competición se resolva en formato de concentracións, na primeira delas, correspondíanos actuar como anfitrións. Nunha xornada maratoniana nas instalacións de Frigsa, o rapaces do Dez Portas, conseguían un bo resultado nos seus enfrontamentos cos equipos visitantes das Illas Canarias.
A concentración comezaba xa ás 10:00 da mañá, cando en sendos encontros producíanse os seguintes resultados:
A.D. VINCIOS/ROSQUILLAS CRISTALEIRO 4 - 2 T.M. DEFENSE LA PALMA
VILAGARCÍA TENIS DE MESA 5 - 1 TENEGUIA FRUTAS OLIVAR
A partir das 15:00, era o turno dos nosos xogadores, que abrían a xornada co seu enfrontamento co T.M. Defense La Palma.
O encontro xa comezaba costa arriba, xa que de inicio, caía Ahmed por un claro 3-0, despois de non ser quen de afacerse co xogo do seu rival en ningún momento. Andrés Martín colocaba o empate no marcador, ao resolver o seu partido tamén por un claro marcador final de 3-0. Pero máis tarde, chegaban tres derrotas consecutivas por parte de Ramón, Andrés e Ahmed, que só lles quedaba a opción de maquillar o resultado, colocando Ramón o último punto do encontro e rematando este por un marcador final de 4-2 favorable para os Canarios.
Entrementres, a A.D Vincios, facíase coa súa segunda victoria da xornada, ao impoñerse cun claro 6-0 ao Teneguia Frutas Olivar.
Respiraron e colleron folgos os nosos, para darlle a volta á tarde no segundo dos seus encontros. O rival nesta ocasión era o Teneguia Frutas Olivar.
Repetía Ahmed abrindo o partido, que non era quen de impoñerse ao seu rival e caía por un marcador final de 1-3. Aquí remataron as concesións dos DezPortistas, que non vovlerían a entregar un punto máis no que restaba de tarde. Impoñíase no segundo turno Pablo Fernández ao visitante Andrés Torres por un dominante 3-0 (11-2;11-2;11-2), o que lle daba ás aos seus compañeiros. En terceiro lugar, saltaba á pista Ramón, que se colocaba por diante por un parcial de 2-0. Aínda así, non se daba por vencido e conseguía manterse vivo no encontro o seu rival, e colocaba o empate 2-2. Nun emocionantísimo quinto xogo, situábase Ramón ao borde do abismo, cando perdía 7-10, pero 5 brillantes puntos consecutivos, permitían a Becerra acadar o segundo punto para o seu equipo. Conseguía Ahmed estrenarse na tarde e colocaba o 3-1 para os locais e máis tarde Ramón e Pablo encargábanse de darlle o finiquito o encontro con dúas grandes victorias.
Na outra mesa, tamén había victoria Galega, ao impoñerse Vilagarcía ao TM Defense La Palma.
Así quedou a clasificación logo de xogarse esta primeira concentración:
O 20 de Marzo terá lugar a segunda concentración desta fase, viaxando o equipo a Gondomar para enfrontarse a Vilagarcía e Vincios respectivamente.
Nas Ligas Galegas, continuaba tamén a competición e o Dez Portas Caixa Rural de 3ª Nacional, gañaba os seus encontros en Oleiros, xa que disputaba dous encontros fronte aos dous equipos locais. Álvaro, Jose Luis e Hugo, colocaban idénticos resultados nos dous encontros e levaban para Lugo 2 valiosas victorias por 1-4, que os coloca nun privilexiado quinto posto da clasificación.
Pola súa parte, desprazábase a Vilalba o Dez Portas Higiene A Miña, onde Fabio, Samuel e Miguel, perdían o seu encontro ante os chairegos, por un marcador final de 4-2.